EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Importadores estadounidenses visitan á D.O. Ribeiro

Nove profesionais visitaban seis adegas desta denominación ourensá, que sigue incidindo no mercado norteamericano
Os profesionais norteamericanos participantes na misión comercial organizada pola D.O. Ribeiro.

Unha nova acción vén de realizarse no marco de plan de promoción e apertura de mercados nos Estados Unidos que o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro iniciaba o pasado ano. Un grupo de nove importadores estadounidenses acaba de visitar seis adegas desta D.O.: Alanís, Coto de Gomariz, Pazo de Casanova, Pazo do Mar, Priorato de Razamonde e Viña Costeira.

Esta misión comercial, que remataba o 19 de febreiro, consistía nunha viaxe de profesionais do sector vitivinícola de distintos estados norteamericanos: Colorado, Nova York, Washington D.C., Florida, Georgia ou Illinois. As seis adegas participantes amosábanlles os seus viños a estes profesionais, entre os que había distribuídores e importadores. Tamén se realizaban catas en viñedos e dábanse a coñecer pazos históricos da zona.

“Continuando coa liña marcada no Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Estados Unidos é un dos países obxectivo para esta Denominación de Orixe para abrir mercados aos viños das adegas, así como para dar a coñecer a rexión: territorio, historia, gastronomía, tradicións… As seis adegas presentaron os seus viños e amosaron o seu saber aos nove profesionais”, explican dende este consello regulador.

Artigos relacionados

Back to top button