EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Importadores mexicanos reúnense con adegas de Valdeorras, Ribeiro e Ribeira Sacra

Este encontros enmárcanse na primeira xornada da misión comercial inversa promovida pola CEO

Reunión co representante de Adegas Joaquín Rebolledo./ Foto cedida.

 

Gratamente sorprendidos de que “nunha provincia pequena como Ourense existan catro denominacións de orixe”. Así se amosan os importadores mexicanos que están a participar na misión comercial inversa que promove a Confederación Empresarial de Ourense (CEO), no marco do proxecto europeo ECICII PLUS.

Na primeira xornada desta acción xa se mantiñan un total de 21 encontros entre os importadores do país azteca e os representantes de adegas galegas. Así realizábanse xuntanzas con responsables das adegas Joaquín Rebolledo, Iria Otero e Viña Costeira, da Denominación de Orixe Valdeorras; con Adegas Celme e Mauro Estévez (ambas da D.O. Ribeiro) e tamén coñeceron a D.O. Ribeira Sacra a través da adega Alba Solleira.

Os importadores mexicanos fan un balance positivo destas xuntanzas. Así, Antonio Calvillo, de La Casa del Vino, sinalaba que ten sido moi “gratificante coñecer as variedades dos viños desta zona, é ouro moído o que hoxe escoitei, sobre todo por parte dos pequenos produtores”. Asemade resaltaba “a personalidade e entidade moi marcadas” dos viños ourensáns.

 

Encontro co representante de Celme./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button