OurenseÚltima hora

Inauguran o Proxecto Libertas no marco do Congreso do Pen, en Ourense

É unha exposición fotográfica promovida polo Centro Pen Galicia que busca potenciar a defensa da liberdade de expresión
Un momento da inauguración da mostra fotográfica.
Un momento da inauguración da mostra fotográfica.

O Congreso Internacional do Pen, que estos días acolle a cidade de Ourense, serve como marco para a presentación do Proxecto Libertas, unha exposición inaugurada esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Está promovida polo Centro Pen Galicia e nace coa vocación de potenciar a defensa da liberdade da expresión. No acto da presentación estivo o organizador do congreso, Xabier Castro, o coordinador técnico da mostra, Olegario Sampedro, a presidenta do Pen internacional, Jennifer Clement, e a presidenta da Fundación García Lorca, Laura García Lorca.

A mostra expón unha serie de fotografías pertencentes a sete autores diferentes que buscan dar visibilidade a historia daqueles escritores que viron vulnerados os seus dereitos fundamentais de expresión como consecuencia da redación ou publicación das súas obras. A idea é concienciar á poboación xuvenil.

Artigos relacionados

Back to top button
Close