EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Inaugúrase a XIV Feira do Viño de Monterrei

Esta actividade terá lugar os vindeiros días 9, 10 e 11 de agosto en Verín

 

Cartel da actividade.

 

Mañá, venres 9 de agosto inaugurarase a XIV Feira do Viño de Monterrei, aínda que se prolongará sábado e domingo. Así, esta inauguración terá lugar na Alameda de Verín ás 20:00 horas, coa apertura do recinto feiral, a actuación da Banda de Gaitas de Verín, a lectura do pregón a cargo do actor Rubén Riós, e a intervención das autoridades. Ás 23:00 horas pecharase o recinto, para que ás 00:00 horas teña lugar a actuación de “El Consorcio” na Prada de García Barbón.

O sábado, a apertura dos stands será de 11:30 a 14:00 horas e de 20:00 a 01:00 horas. As actuacións na Praza de García Barbón terán lugar ás 23:30 horas, a cargo de “Remember Queen”, e á 01:30 horas, o grupo “En Mala Hora”. O domingo, o horario de apertura dos stands pola mañá será o mesmo que o sábado, pero pola tarde pechará ás 23:30 horas; mentres que “Leilía”, será o grupo que peche esta edición da Feira do Viño, ás 21:30 horas na Praza de García Barbón.

 

Programa.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close