OurenseÚltima hora

Inaugúrase en Ribadavia unha exposición sobre vida e obra de Luis Dávila

A actividade terá lugar na igrexa da Madalena entre o 22 de xuño e o 5 de xullo

O Concello de Ribadavia inaugura hoxe, luns 22 de xuño unha exposición coa recopilación das 64 mellores viñetas do artista galego Luis Dávila.

A entrada a esta exposición, que estará ubicada na igrexa da Madalena entre o 22 de xuño e o 5 de xullo, será de balde, e os horarios de visita son de 11:30-13:30h e de 19:00-21:00h, de luns a domingo.

 

Cartel da actividade.

Artigos relacionados

Back to top button