CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Inaugúrase en Santa Leonor (Trives) a exposición “RECUPERART” de Joaquim Riera

Os visitantes poderán achegarse ata o vindeiro 18 de agosto

 

O artista acompañado das autoridades trivesas.

 

Na tarde de onte, 8 de agosto, inaugurábase na Sala de Exposicións do edificio Santa Leonor da Pobra de Trives, a exposición artística RECUPERART, de Joaquim Riera. O propio artista estivo na inauguración desta exposición, a cal se poderá visitar até o 18 de agosto.

 

 

O autor explicou o contido desta mostra, composta por arredor de 20 cadros e 20 esculturas, todas seguindo a técnica de recuperar materiais vellos ou refugallo para realizar obras obras de arte. Así, durante o acto estivo acompañado pola alcaldesa, Patricia Domínguez, o tenente de alcalde, Miguel Sierra, e a concelleira de cultura, Ana García. Ao remate da presentación da obra e recepción do numeroso público, o autor ofreceu ao asistentes un aperitivo na propia sala da exposición.

 

Unha das obras expostas.

Artigos relacionados

Back to top button