CulturaCulturaÚltima hora

Inaugúrase en Sober a mostra “Je Ne Baise Plus” con fotos de Iván Merayo e textos da barquense Eva F. Ferreira

Poderá visitarse dende esta tarde e ata o vindeiro 25 de xuño na Casa da Cultura desta vila lucense
O fotógrafo Iván Merayo, na mostra./ Foto: Concello de Sober.

A Casa da Cultura de Sober abrirá ao público a partir desta tarde a exposición fotográfica “Je Ne Baise Plus”. A mostra reúne diversas imaxes do fotógrafo Iván Merayo con textos da autora barquense e dramaturga Eva F. Ferreira.

A inauguración da mostra será hoxe martes ás 20:30 horas e permancerá aberta de 9 a 14:00 horas e de 4 a 8 de luns a venres e os sábados de 11 a 13:00 horas ata o 25 de xuño.

A actividade forma parte do ciclo programado polo Concello de Sober en colaboración coa asociación FEMforte para concienciar contra a violencia de xénero.

Artigos relacionados

Back to top button