DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Inaugúrase o cursiño de piragüismo na Rúa

As clases son impartidas polo Club Fuvial Barco os martes e xoves de 12 a 13:30h.

Piraguas de cor laranxa, azul, amarela ou verde percorren dende a mañá do 12 de xullo as augas do encoro de San Martiño na Rúa. Nesta xornada vén de inaugurarse o cursiño de piragüismo que se desenvolverá ata finais de agosto coa participación de 24 nenos e nenas da Rúa e do Barco de Valdeorras. Está impartido polo Club Fluvial Barco con clases que terán lugar os martes e os xoves de 12h. a 13:30h. e serán impartidas por Sergio Ruíz e Marta Paradelo.

Na apertura do curso, monitores e alumnos estaban acompañados polo alcalde da Rúa, Luis Fernández, e polo concelleiro de Deportes, Avelino Fernández.

O encoro é segundo os membros do club de piragüismo “un lugar idóneo” para a práctica deste deporte, ata o punto de que eles mesmos adestran nas súas augas. E proba diso é que no mes de agosto acollerá a quinta proba da Copa Deputación. “A competición consta de cinco regatas: a primeira foi en Muíños, a segunda será en Avión, a terceira en Barra de Miño, a cuarta en Allariz e a última será na Rúa”, explica Jesús Rodríguez.

Fotos: Mónica G. Bellver/ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button