EconomíaEconomíaÚltima hora

Inaugúrase o novo supermercado de Mercadona no Barco

Con esta apertura a compañía suma en Galicia un total de 58 supermercados

De esquerda á dereita: Mariña Rivas, xerente de RREE de Mercadona en Galicia, xunto ao alcalde do Barco, Alfredo García, e as concelleiras de Comercio e Cultura, Irene Dacal e Margarida Pizcueta, respectivamente, durante a visita realizada ao novo supermercado./ Foto cedida.

 

Mercadona vén de inaugurar este 20 de maio o seu novo supermercado eficiente en O Barco de Valdeorras. Está situado na avenida de Galicia (moi preto do estadio de Calabagueiros) e abre co Novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona.

Estas instalacións teñen suposto “un investimento de 3 millóns de euros e a participación de 60 provedores que empregaron a máis de 350 personas durante a fase de obra”, segundo informa Mercadona, que con esta apertura suma en Galicia un total de 58 supermercados. Ademais a nova tenda xera 30 novos postos de traballo estables.

As instalacións deste novo supermercado barquense teñen unha superficie de sala de ventas de 1.800 metros cadrados “cun deseño totalmente renovado respecto ao anterior modelo de tenda con novos cores e materiais, tanto na fachada exterior de acceso ao supermercado como na distribución das distintas seccións. Asimismo aposta por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidos na delimitación dos distintos ambientes”, segundo informa a compañía.

Este novo supermercado tamén contempla novidades nas súas seccións e melloras a nivel medioambiental, tecnolóxico e de servizo.

Así, na sección “Listo para Comer”, “a charcutería de xamón ao corte ou o servizo de zume de  laranxa recén exprimido, volverán estar operativos cando as circunstancias excepcionais que actualmente estamos vivindo o permitan, en cumprimento das normativas sanitarias e recomendacións para garantir a seguridade de clientes e traballadores”, indica Mercadona.

Máis fotos:
https://www.osil.info/comeza-a-funcionar-un-novo-supermercado-no-barco/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close