ConcellosÚltima hora

O incendio do Burgo (Castro Caldelas) afecta a unhas 200 hectáreas

Tamén continúa activo o de Chandrexa de Queixa, que leva queimadas unhas 100 hectáreas

Continúa activo un lume no municipio ourensán de Castro Caldelas, parroquia do Burgo, que comezaba onte ás 18:27 h. Segundo as últimas estimacións, feitas públicas por Medio Rural, afecta a unha superficie de arredor de 200 hectáreas. No seu control levan traballado 1 técnico, 7 axentes, 18 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións.

Tamén onte comezaba ás 19:34 h. un incendio no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, que segundo estimacións provisionais afecta unha superficie dunhas 100 hectáreas. No seu control traballan 2 axentes e 2 avións.

Segue asemade activo o lume da Infesta, no concello ourensán de Monterrei, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie dunhas 300 hectáreas. No seu control levan traballado 14 axentes, 29 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 10 helicópteros e 4 avións.

Artigos relacionados

Back to top button