ConcellosÚltima horaVerín

Incendio con tres focos en Verín, próximo ás casas e que chega ao entorno dunha fábrica

 

A Consellería do Medio Rural vén de solicitar como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Verín, parroquia homónima, pola proximidade do lume ao núcleo do Polvorín.

“Este incendio iniciouse en tres focos ás 14,52 h. deste mediodía, polo que todo apunta a unha clara intencionalidade”, asegura Medio Rural. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de algo máis de 2 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 1 técnico, 3 axentes, 9 brigadas, 4 motobombas, 4 avións e 6 helicópteros.

Medio Rural incide en que os “tres focos de lume están ao lado das vivendas en Verín, con 40º de temperatura e cambios de vento”.

Imaxes cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button