ConcellosÚltima hora

Incendio de madrugada nunha adega en Somoza (A Rúa)

Imaxe de arquivo de efectivos de emerxencias nunha intervención anterior nun incendio en Valdeorras.

Na pasada madrugada, en torno ás 02:45h., declarábase un incendio nunha adega en Somoza (A Rúa). Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato o membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Valdeorras, así como os Bombeiros do parque de Valdeorras. Tamén acudía o 061 e a Garda Civil.

Como consecuencia do lume producíronse danos na cheminea do inmoble e na estrutura de madeira da cuberta e lousas de pizarra. Tamén estivo presente o 061 e a Garda Civil. A intervención finalizaba pasadas as catro da madrugada.

Artigos relacionados

Back to top button