ConcellosEn portadaÚltima hora

Incendio dunha vivenda en Sobrado (Trives)

Non houbo que lamentar danos persoais, pero a casa quedou totalmente calcinada. Os efectivos de emerxencias evitaron que o lume se estendera ás vivendas colindantes
Vivenda queimada en Sobrado (Trives)./ Foto: Protección Civil de Trives.

Arredor das once da noite do vernes 29 de marzo producíase un incendio nunha vivenda da localidade de Sobrado (A Pobra de Trives). Ata o lugar desprazábanse rapidamente Protección Civil de Trives (cun camión de bombeiros), o GES de Castro Caldelas (cun camión de bombeiros), Protección Civil de Río (cun camión de bombeiros) e Protección Civil de Manzaneda (cun camión de bombeiros), así como unha brigada da Xunta de Galicia e axente forestal, o 061 e a Garda Civil. Tamén se trasladaban a este lugar os alcaldes de Trives, Domingo Diéguez, e o de Manzaneda, Félix Domínguez.

Malia a cantidade de medios humanos e materiais mobilizados para sofocar o lume, a casa rematou totalmente calcinada e nada se pudo facer por salvala, pero non houbo que lamentar danos persoais. O que se logrou evitar é que o incendio se estendense ás vivendas colindantes.

A estas horas continúa un retén no lugar do incendio para controlar calquera posible reactivación.

Máis fotos:
https://osil.info/o-incendio-dunha-vivenda-en-sobrado-trives-en-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button