ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Incendio en dúas casas en Seoane (Manzaneda)

As edificacións, nas que non residía ninguén, arderon na súa totalidade e nelas caeron os tellados

 

Na madrugada do domingo ao luns 9 de xaneiro producíase un incendio en dúas casas do pobo de Seoane, no concello de Manzaneda. Tratábase de dúas cas vellas, pegadas e que non estaban habitadas polo que, segundo informa o 112, “non houbo que lamentar danos persoais”. Nas dúas edificacións, que arderon na súa totalidade, caeron os tellados.

Os efectivos de Protección Civil de Manzaneda que se achegaban ata o lugar, tras ser alertados polo 112 Galicia, apuntaban que “un curtocircuíto nun dos inmobles” podería ser a causa máis probable da orixe do lume.

Era un particular quen, ao redor das 05:00 horas desta madrugada alertaba ao CAE 112 Galicia que, de inmediato, pasaba aviso aos efectivos do GES de Castro Caldelas, de Protección Civil de Manzaneda e á Garda Civil.

Fotos: Protección Civil de Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button