OurenseÚltima hora

Incendio esta madrugada no casco histórico de Ourense

Producíase ás 2:30 horas, no edificio situado no número 2 da rúa San Quintín, na confluencia coa rúa Cisneros

 

Esta madrugada os bombeiros de Ourense sofocaron un incendio no casco histórico da cidade, ás 2:30 horas, no edificio situado no número 2 da rúa San Quintín, na confluencia coa rúa Cisneros. “Á hora e lugar indicados, recíbese unha comunicación telefónica dun posible Incendio nunha vivenda, polo que ao lugar diríxense dúas patrullas da Policía Local e os Bombeiros”, tal e como informan dende o Concello de Ourense.

Ao chegar “pódese comprobar como do primeiro piso, do edificio mencionado, sae abundante fume, tratándose dunha casa deshabitada; tras comprobar que non había morador algún, á vez que os Bombeiros sufocan o incendio que atopan no interior, os axentes desaloxan aos moradores do edificio lindeiro ( C/ Cardeal Cisneros nº 1). Válase e acordoa a zona, tras quedar sufocado o incendio, #ante o perigo de desprendementos dalgúns compoñentes da fachada do edificio, en estado ruinoso”, indican dende o Concello de Ourense.

Para o concelleiro de seguridade cidadá, Telmo Ucha, ao tratarse dun “edificio antigo, con madeiras de primeira calidade, son moi resistentes” e grazas a unha rápida intervención “a estructura non vai a ceder”. Non houbo que lamentar vítima algunha. Os moradores desaloxados volveron aos seus domicilios.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button