OurenseÚltima hora

Incendio forestal con dous focos en Barxa (A Gudiña)

Afecta a unha superficie de 46,84 hectáreas, das cales 5 son de monte arborado e o resto de raso, segundo a Consellería do Medio Rural
Imaxe do incendio en Barxa (A Gudiña) na pasada noite .

Os lumes continúan afectando á provincia de Ourense. Na noite de onte comezaba outro incendio forestal, nesta ocasión na parroquia de Barxa, no concello da Gudiña. Este lume, con dous focos, está controlado desde as 12:01 h. de hoxe. Comezou onte ás 20:28 h. e, segundo as últimas estimacións da Consellería do Medio Rural, afecta unha superficie de 46,84 hectáreas, das cales 5 son de monte arborado e o resto de raso. No lugar mobilizáronse 8 axentes, 13 brigadas, 11 motobombas, 2 pas e 1 helicóptero.

 

Superficie queimada neste incendio na Gudiña.

 

 

Por outra banda, está tamén conctrolado o incendio forestal de Ábedes (Verín), que segundo novas estimacións afecta 38,61 hectáreas, das cales 17,1 son de monte arborado e o resto de raso.  Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 7 axentes, 15 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

Ademais onte ás 19:26 h. quedaba estabilizado o incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés. O lume comezou o xoves ás 22:05 h. e afecta arredor de 18,89 hectáreas. Levan traballado neste lume 10 axentes, 26 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

Finalmente, está controlado dende onte ás 19:18 h. o lume no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, parroquia de Santo Estevo de Ribas de Sil, que comezou o xoves ás 21,10 h en tres puntos distintos. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 151,3 hectáreas, das cales 20,9 son de monte arborado e 130,4 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 2 técnicos, 8 axentes, 33 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 1 avión.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close