ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Controlado o incendio forestal en Cova (Trives)

Segundo as primeiras estimacións, afecta a máis de 20 hectáreas

O Macizo Central ourensán tampouco se libra do lume. Ás 22:16 h. de onte, 21 de agosto, iniciábase un incendio no concello ourensán da Pobra de Trives, parroquia de Cova. Ás 9:50h desta mañá o incendio quedaba estabilizado e ás 16h. estaba xa controlado, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

Segundo as primeiras estimacións feitas públicas por Medio Rural afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. No seu control levan participado 3 axentes, 8 brigadas, 3 motobombas e 1 pa.

Este é o cuarto incendio que se rexistra nesta mesma zona nos últimos días.

Por outra banda, o incendio forestal rexistrado ás 16:47 h. no concello de Celanova, parroquia de Amoroce, está controlado desde as 22:00 h. de onte. Segundo as últimas estimacións, afecta a 16 hectáreas, das cales 8 son de arborado e 8 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 4 axentes, 16 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 7 helicópteros.

Máis información sobre incendios na provincia:
https://osil.info/lumes-tamen-no-burgo-castro-caldelas-chandrexa/
https://osil.info/incendio-corta-autovia-52-guimarei-monterrei/

Artigos relacionados

Back to top button