ConcellosÚltima hora

Incendio forestal en Biobra (Rubiá), que afecta ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra

Quedaba estabilizado ás 21:43h. desta tarde, segundo informa Medio Rural

 

A última hora desta tarde vén de iniciarse un novo incendio forestal en Valdeorras. Desta volta en Biobra (Rubiá), moi preto da estrada N-120, xusto no cruce que se desvía cara a citada localidade.

Este lume orixinábase ás 20:54 h. desta tarde e quedou estabilizado ás 21:43 h., tal e como informa a Consellería do Medio Rural. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de 0,01 hectáreas dentro do parque natural da Serra da Enciña da Lastra. No seu control levan participado 1 axente, 5 brigadas, 4 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button