OurenseÚltima hora

Incendio forestal en Castromil (A Mezquita)

Iniciábase ás 14:50h. desta mediodía e arestora está controlado. Afecta a unhas 27 hectáreas segundo as primeiras estimacións de Medio Rural

Continúan os lumes nos montes da provincia de Ourense. Nestes momentos está activo un na parroquia de Castromil, no concello da Mezquita. O incendio iniciouse ás 14:50 h. deste mediodía e quedou controlado ás 19,40 h. da tarde.

Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 27,7 hectáreas, das cales 3,9 son de monte arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 axentes, 4 brigadas, 2 motobombas e 2 helicópteros.

Incendio activo no Carballiño

Ademais hai outro lume activo no Carballiño. Comezaba ás 16:01 h. desta tarde e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 50 hectáreas. No lugar levan actuado 3 axentes, 5 brigadas, 3 motobombas e 1 helicóptero.

 

Artigos relacionados

Back to top button