ConcellosEn portadaQuirogaÚltima hora

Incendio forestal en Enciñeira (Quiroga)

Segundo as primeiras estimacións, afecta a unhas 20 hectáreas

 

Dende as 2:47 h. desta madrugada está activo un lume na parroquia da Enciñeira, no concello de Quiroga, que afecta unhas 20 hectáreas de superficie, segundo as primeiras estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural.

Para o control deste incendio lévanse mobilizado 2 axentes, 6 brigadas, 2 motobombas e 1 pa.

Flariz (Monterrei)

Controlado dende ás 12:00 o incendio da parroquia de Flariz, en Monterrei, que se declarou o pasado venres ás 17:05 h. da tarde.

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 720 hectáreas. Delas, 450 son forestais (400 rasas e 50 arboradas) e as restantes 270 ha son agrícolas. Para o seu control lévanse mobilizado 4 técnicos, 30 axentes, 74 brigadas, 34 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 12 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Artigos relacionados

Back to top button
Close