En portadaÚltima horaVídeos

Incendio forestal en Éntoma (O Barco)

 

Ás 12:54h. deste luns 6 de setembro iniciábase un incendio forestal na parroquia de Éntoma (O Barco), que arestora permanece activo. Neste momentos, traballan no seu control 1 axente, 4 brigadas e 2 motobombas, segundo informa a Consellería do Medio Rural. Polo se agora, non hai datos sobre superficie afectada.

O lume está moi preto da entrada de Éntoma, vindo dende O Barco, xusto onde empezan as primeiras casas. Os veciños seguen con preocupación a evolución das chamas e están pendentes e mobilizábonse para evitar que o lume poida chegar ao pobo.

En canto se teñan máis datos, ampliarase información.

Fotos e vídeos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button