OurenseÚltima hora

Incendio forestal en Lobios que afecta ao Parque Natural do Xurés

Segundo novas estimacións, o lume afecta a unha superficie dunhas 20 hectáreas e quedaba estabilizado ás 2:47 h. desta madrugada

 

 

Ás 18:49h. da tarde de 16 de setembro comezaba un incendio forestal na parroquia de Manín (Lobios) e que afecta ao Parque Natural do Xurés. O lume quedaba estabilizado ás 2:47 h. desta madrugada.

Segundo novas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, este incendio leva queimada unha superficie de 20 hectáreas. No lugar levan traballado 3 axentes, 13 brigadas, 5 motobombas, 5 helicópteros e 2 avións.

San Mamede de Edrada (Vilariño de Conso)

Permanece estabilizado dende onte, 15 de setembro, o lume rexistrado no municipio de Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Edrada, e que afecta o parque natural do Invernadeiro. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 32 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 2 técnicos, 23 axentes, 61 brigadas, 25 motobombas, 1 pa, 15 helicópteros e 8 avións.

Artigos relacionados

Back to top button