En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Incendio forestal en Montefurado (Quiroga)

O incendio xa supera as 20 hectáreas, segundo a Consellería do Medio Rural

Nesta xornada de 24 de xullo iniciábase ás 17:32 h. un incendio forestal na zona de Montefurado, no veciño concello lucense de Quiroga.

Este lume forestal afecta a unha superficie dunhas 20 hectáreas, segundo os primeiros datos feitos públicos pola Consellería do Medio Rural. “Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada”. Para controlar este incendio mobilizáronse 6 axentes, 14 brigadas, 7 motobombas, 7 helicópteros e 1 avión, segundo a consellería.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button