ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Incendio forestal en Petín

As chamas alumaban con forza a noite do 13 de agosto no municipio valdeorrés de Petín e reflexábanse no encoro de San Martiño. Un incendio forestal afectaba a unha zona de piñeiros situada nas proximidades de Seadur, pobo xa do concello de Larouco. En torno ás dúas da madrugaba controlábase. As chamas achegábanse a unha zona cercana de viñedo, pero finalmente, non danaban este cultivo.

Numerosas persoas sorprendíanse das chamas que podían verse pola noite dende a área recreativa do Aguillón da Rúa, onde está instalada a mostra da III Baco Festa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button