ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Incendio forestal en Pradorramisquedo (Viana do Bolo)

Arestora está controlado e segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 13,49 hectáreas, tal e como informa Medio Rural

Imaxe de arquivo dun incendio anterior rexistrado en Pradorramisquedo (Viana do Bolo).

 

Dende a Consellería do Medio Rural vén de infomarse dun incendio forestal estabilizado no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo.

O lume comezou ás 14:31 h. deste xoves, quedou estabilizado ás 17:22 h. e logo controlado ás 18,12 h. Finalmente resultaba extinguido ás 18:51. O lume afectaba unha superficie dunhas 13,49 hectáreas, segundo os últimos datos feitos públicos pola consellería. No lugar están a traballar 2 axentes, 2 brigadas e 1 helicóptero.

Artigos relacionados

Back to top button