A Consellería do Medio Rural vén de informar dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo.
O lume iniciouse ás 12,11 h. deste mediodía, quedaba estabilizado ás 17:44h. e logo era extinguido ás 20,50 h. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 40 hectáreas, todas elas de monte raso. Na súa extinción traballaron 3 axentes, 8 brigadas e 4 helicópteros.