En portadaÚltima hora

Incendio forestal en Pardollán (Rubiá) que afecta ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie que rolda as 10 hectáreas, segundo Medio Rural

Arredor das 13:00h de hoxe, 17 de xullo, declarábase un incendio forestal na parroquia de Pardollán, no concello valdeorrés de Rubiá. O lume afecta ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, segundo confirma a Consellería do Medio Rural.

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie que rolda as 10 hectáreas. “Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada”, tal e como indica a consellería. No control deste incendio traballan nestes momentos: 1 axente, 4 brigadas, 2 motobombas, 2 avións e 2 helicópteros. Ademais sumáronse aos labores de extinción medios procedentes da provincia de León.

 

Fotografía do incendio. / Foto: cedida.

 

A columna de fume vista dende o centro do Barco./ Foto: Víctor Santos.

Artigos relacionados

Back to top button