OurenseÚltima hora

Incendio forestal en San Cristovo de Cea

Quedaba estabilizado ás 21h. deste mércores e afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas, segundo Medio Rural

 

Foto: Brif Laza.

Nesta tarde, arredor das catro e media, iniciábase un novo lume forestal na provincia de Ourense, nesta ocasión no municipio de San Cristovo de Cea, na parroquia de Vales.  Este incendio quedaba estabilizado, segundo a Consellería do Medio Rural, ás 21h. deste mércores.

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 7 axentes, 19 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 3 avións.

 

Foto: Brif Laza.

 

Por outra banda, ao mediodía quedaba extinguido o incendio que se producía en Rabal (Chandrexa de Queixa), que finalmente afectaba a unha superficie de 16,2 hectáreas de monte raso, segundo a Consellería do Medio Rural.

Artigos relacionados

Back to top button
Close