ConcellosÚltima hora

Incendio forestal en Seoane de Argas (San Xoán de Río)

Leva queimadas unhas 45 hectáreas, das cales 24 foron de arborado e as 21 restantes de monte raso, segundo as últimas estimacións feitas públicas por Medio Rural

Ás 16:49 horas desta tarde de 8 maio dábase por controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de San Xoán de Río, parroquia de Seoane de Argas, segundo informa a Consellería do Medio Rural. Case tres horas despois, ás 19:04 h. quedaba extinguido.

O lume comezaba ás 13:33 horas e, segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 45 hectáreas, das cales 24 corresponden a monte arborado e as 21 restantes a raso. Para extinguir este incendio mobilizáronse 3 axentes, 11 brigadas, 4 motobombas e 4 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

 

Artigos relacionados

Back to top button