En portadaÚltima horaVídeos

Incendio forestal en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

 

Valdeorras rexistra, en apenas 24 horas, un novo incendio forestal, desta volta no municipio de Carballeda de Valdeorras. En concreto, o lume vén de iniciarse pasadas as 18:30h. desta tarde en Sobradelo, nunha zona moi próxima ao pavillón polideportivo e, polo tanto, preto das casas. Dende a Consellería do Medio Rural indican que, malia haber casas na contorna, polo de agora non hai risco de que poidan verse afectadas.

 

 

No lugar están a traballar 3 axentes, 10 brigadas, 5 motobombas, 1 técnico, 4 avións e 5 helicópteros. Segundo as últimas estimacións de Medio Rural, a superficie afectada é de 5 hectáreas aproximadamente.

Dende Medio Rural tamén confirman que o lume ten alomenos dous focos.

Fotos e vídeos cedidos. Moitas grazas ás persoas que cederon as súas imaxes.

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button