ConcellosÚltima hora

Incendio forestal en Valdín, o terceiro no oriente ourensán en cinco días

O lume continúa presente no Nadal do oriente ourensán. O 1 de xaneiro comezaba ás 16:00 horas un incendio forestal en Valdín (A Veiga). A Consellería do Medio Rural informaba de que o lume quedaba controlado ás 19:50 horas desa mesma tarde. Finalmente o incendio quedaba extinguido ás 10:11 horas da mañá do 2 de xaneiro.

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 20 hectáreas de monte raso. No lugar traballaron 4 axentes e 2 brigadas.

Este é o terceiro incendio forestal que sufre no oriente ourensán dende o 28 de decembro, tras os rexistrados o 28 de decembro en Casaio (Carballeda de Valdeorras) e o 31 de decembro en Pradoalbar (Vilariño de Conso).

 

Artigos relacionados

Back to top button