A GudiñaConcellosÚltima hora

Incendio forestal en Ventas da Teresa (A Gudiña)

 

Aínda que poda resultar sorprendente, arredor das 13h. deste frío sábado 9 de xaneiro producíase un incendio forestal en Ventas da Teresa, na parroquia de Pentes, dentro do concello da Gudiña.

Ata o lugar desprazábase un helicóptero con base en Toén, ademais dun axente, 5 brigadas e unha motobomba. A superficie afectada rozas as 10 hectáreas. O lume quedaba extinguido apenas dúas horas despois.

Artigos relacionados

Back to top button