ConcellosÚltima hora

Incendios forestais en Viana do Bolo e en Quiroga

O rexistrado á parroquia vianesa de Sever afecta a unhas 30 hectáreas e permanece activo

 

O lume na parroquia lucense de Outeiro (Quiroga).

Polo lume víanse afectados nas últimas horas os municipios de Viana do Bolo de Quiroga (xa na provincia de Lugo). Na tarde do 17 de marzo iniciábase ás 17:37h.  un incendio forestal na parroquia de Outeiro deste concello lucense ” tralo escape dunha queima dun particular”, tal e como se vén de informar dende a Consellería do Medio Rural.

Este mesmo departamento autonómico indica que o lume quedaba extinguido ás 16:36 horas da tarde do 18 de marzo. Segundo últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 45,46 hectáreas de monte raso. Nos traballos de extinción participaron 5 axentes, 17 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros. Debido á pedregosidade do terreo, a pa tivo que entrar por Castela e León ao non haber camiños construídos neste monte privado.

 

Xa na mañá do 18 de marzo producíase un novo lume, desta volta no municipio ourensán de Viana do Bolo, na parroquia de Sever. Comezaba ás 8:54 horas desta mañá e quedaba tamén extinguido ás ás 16:35 horas desa mesma tarde. A superficie afectada foi de 35 hectáreas, das cales 27 son de monte raso e 8 arboradas, segundo as últimas estimacións feitas públicas por Medio Rural. Nas tarefas de extinción traballaron 2 axentes, 6 brigadas e 3 motobombas.

Por outra banda, dende a consellería tamén se sinalaba que quedou extinguido ás 00:25 horas desta madrugada o lume que comezaba onte ás 20:39 horas da tarde no concello ourensán de Lobios, parroquia de Grou. Segundo últimas estimacións, a superficie afectada foi de 5 hectáreas de monte raso dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Nos labores de extinción participaron 2 axentes, 3 brigadas e 2 motobombas.

Artigos relacionados

Back to top button