OurenseÚltima hora

Incendio forestal nas proximidades da cidade de Ourense

Xa está controlado o lume que se rexistraba onte, 17 de xullo, en Pardollán (Rubiá)

 

Desde as 15:03 h. está activo un lume no concello de Ourense, parroquia homónima, que afecta xa a unhas 50 hectáreas, tal e como informa a Consellería do Medio Rural. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control traballan 1 técnico, 2 axentes, 8 brigadas, 7 motobombas, 7 helicópteros e 10 avións.

Controlado o incendio de Pardollán (Rubiá)

O lume rexistrado á tarde de onte, no concello ourensán de Rubiá, parroquia de Pardollán, está xa controlado e a segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie de 41,35 hectáreas do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra. Para o seu control lévanse mobilizado 1 técnico, 11 axentes, 26 brigadas, 10 motobombas, 5 helicópteros e 11 avións.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button