ConcellosO BarcoÚltima hora

Incendio forestal no Córrego (O Barco)

 

A primeira hora desta tarde, ás 14:10h., vén de declararse un incendio forestal na zona do Córrego (O Barco), próxima a O Castro e Vilanova, que arestora está activo. No lugar, segundo informa a Consellería do Medio Rural, están xa actuando medios, tanto terrestre como aéreos para tratar de extinguir as chamas.

En concreto están traballando nos labores de extinción 2 axentes, 5 brigadas, 2 motobombas e 2 helicópteros.

No lugar están tamén o GES Valdeorras e a Policía Local do Barco.

En canto se teñan máis datos ampliarase información.

Imaxes cedida.

Artigos relacionados

Back to top button