ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Incendio na cheminea dun chalé en Viloira (O Barco)

O incidente quedábase nun susto, pero obrigaba aos bombeiros a intervir para desatascar a cheminea

Rozando as seis desta tarde de 1 de abril, o 112 Galicia recibía un aviso por un incendio nunha cheminea na localidade barquense de Viloira. Trátabase da cheminea dun chalé situado na rúa paralela aos xardíns da Casa Grande de Viloira. Ata o lugar do suceso desprábanse os membros do GES Valdeorras, a Garda Civil, a Policía Local e os Bombeiros do Parque de Valdeorras.

Finalmente, o incidente quedábase nun susto, pero si obribaba a intervir aos bombeiros, que tiñan que encaramarse ao tellado da casa para poder desatascar a cheminea.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button