A MezquitaConcellosEn portadaÚltima hora

Incendio na Esculqueira (A Mezquita), que entraba dende Portugal

Segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie dunhas 60 hectáreas

Incendio na Esculqueira, pertencente ao municipio da Mezquita.

 

Arredor das 12:30 h. deste mediodía entraba desde Portugal un lume no concello da Mezquita, en concreto na parroquia da Esculqueira. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 60 hectáreas, tal e como informa a Consellería do Medio Rural. “Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada”, matiza.

Para o seu control mobilizáronse 10 axentes, 20 brigadas, 11 motobombas, 3 pas, 12 avións e 9 helicópteros.

 

Outra imaxe do lume da Esculqueira.

 

Vilariño de Conso

Os dous lumes rexistrados no concello de Vilariño de Conso permanecen estabilizados, tras comezar a pasada noite con tres focos cada un deles. Así, na parroquia de Castiñeira quedou estabilizado ás 11:27 h. o lume que comezaba ás 21:34 h. da pasada noite. Tras a medición con GPS, a superficie afectada é de 16:42 hectáreas de monte raso. No seu control levan traballado 7 axentes, 14 brigadas, 4 motobombas e 2 pas.

Na parroquia de San Cristovo permanece estabilizado dende as 07,02 h. desta mañá o lume rexistrado onte ás 22:41 h. Segundo as medicións con GPS, a superficie afectada é de 45:39 hectáreas de monte raso. No seu control levan participado 3 axentes, 5 brigadas, 4 motobombas e 1 pa.

Chandrexa de Queixa

Segue tamén estabilizado dende as 02,07 h. desta madrugada o lume que comezaba ás 16:43 h. da tarde de onte no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 40 hectáreas. No control deste lume levan participado 6 axentes, 19 brigadas, 6 motobombas, 3 pas, 9 helicópteros e 2 avións.

Artigos relacionados

Back to top button