ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Incendio nun edificio do Barco

Rozando ás dúas e media desta tarde de 21 de xaneiro o 112 Galicia alertaba dun incendio nun inmoble na vila do Barco. Ardía unha campaña extractora dun piso situado na céntrica rúa Eulogio Fernández desta localidade, moi preto do Hospital Comarcal Valdeorras.

Ata o lugar trasladábanse de inmediato os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Valdeorras, os bombeiros do parque comarcal e a Policía Local.

En canto se dispoña de máis datos, ampliarase a información.

 

Artigos relacionados

Back to top button