ConcellosO BarcoÚltima hora

Incendio nunha campá extractora no Barco

 

Arredor das 20:30h. deste martes 27 de outubro producíase un incendio na campá extractora dunha vivenda situada na rúa Profesor Eloy Mira do Barco. Ata o lugar desprábanse de inmediato os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, a Policía Local e os bombeiros do parque comarcal.

Cando os servizos de emerxencia chegaron ao lugar xa non había chama e procederon a ventilalo e a comprobar a atmósfera.

Neste incendio, cuxas causas se descoñecen polo momento, non houbo que lamentar danos persoais.

 

Artigos relacionados

Back to top button