ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Incendio nunha casa deshabitada no municipio de Viana do Bolo

Dúas persoas foron trasladadas ao centro de saúde, unha por unha crise de ansiedade e outra por resultar ferida mentres colaboraba nos labores de extinción, segundo informa o 112 Galicia

 

O lume calcinou o primeiro piso, o tellado e numerosos obxectos nunha vivenda deshabitada da parroquia de Pexeiros, en Viana do Bolo.

Tal como informan dende o 112 Galicia, pasadas as nove da noite deste mércores 27 de outubro, un particular avisaba de que estaba ardendo unha casa no lugar de Bouza, neste concello ourensán. “Nesa mesma chamada, o particular indicaba que había máis vivendas pegadas á afectada e que o lume podía estenderse cara elas e deseguido, varios particulares alertaban do mesmo incendio nese punto”, explican dende emerxencias que inmediatamente mobilizaba ao GES da Gudiña, á Garda Civil e a Protección Civil de Viana, ademais dos servizos sanitarios.

 

 

Ao remate das tarefas de extinción, os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipais da Gudiña confirmaban que ardera un andar e o tellado na casa afectada, e que o lume ocasionara asemade algún dano na colindante. Ademais, comunicaron tamén que “unha persoa tivera que ser trasladada ao centro de saúde por mor dunha crise de ansiedade e outra por resultar ferida mentres colaboraba nos labores de extinción”.

Artigos relacionados

Back to top button