ConcellosÚltima hora

Incendio nunha casa en Soulecín (O Barco)

 

Arredor das catro menos cuarto desta tarde de 12 de novembro producíase un incendio nunha vivenda situada na localidade barquense de Soulecín (O Barco). O lume orixinouse na cheminea, segundo as primeiras informacións.

Ata o lugar desprazábanse membros dos servizos de emerxencias: o GES Valdeorras, os bombeiros de Valdeorras, a Policía Local do Barco e a Garda Civil. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button