En portadaÚltima hora

Incendio nunha vivenda en Sobrado (Trives)

 

Arredor das 13:45h. deste mércores 16 de setembro producíase un incendio urbano nunha vivenda na localidade de Sobrado (A Pobra de Trives), que afectaba ao tellado e á primeira planta da casa. Ademais, como consecuencia da inhalación de fume un matrimonio era trasladado ao PAC de Trives e, posteriormente, ao Hospital Público de Valdeorras, no Barco

Neste operativo de emerxencia interviñan Protección Civil de Trives, o coche bomba de Trives, o GES de Castro Caldelas con coche bomba, a Garda Civil e ambulancia do 061.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button