Concellos

Incendio nunha vivenda en Trives

Pasadas as sete da tarde do 21 de outubro o 112 Galicia recibía un aviso dun incendio urbano en Trives. O incendio producíase na cheminea dun inmoble da avenida de América desta vila.

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato os efectivos de emerxencias: o GES de Castro Caldelas, Protección Civil de Trives e a Garda Civil. Tamén acudía ao lugar o 061 para prestar atención á persoa maior que estaba na vivenda, xa que se viu afectada polo fume.

 

Artigos relacionados

Back to top button