ConcellosÚltima hora

Incendio nunha vivenda en Viloira (O Barco)

Unha vivenda de dous andares en Viloira (O Barco), na rúa Cimadevila, resultaba afectada con diversos danos materiais a causa dun incendio. Ardía a cheminea e parte do seu tellado, segundo informa o 112 Galicia

Era o mesmo propietario da vivenda quen avisaba do suceso ás 16:35 horas ao 112 Galicia. “Sinalaba que ao prender a cheminea comezara a saír moito fume polo tellado da casa. Engadía que ningunha persoa resultara ferida nin afectada”, segundo fai público o 112 Galicia.

Acto seguido, dende o CIAE púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros e do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Valdeorras. Ademais, pasouse o aviso a Protección Civil e á Policía Local. Unha vez chegados ao lugar do incendio, os servizos de emerxencias sofocaron o lume e sanearon a zona.

Artigos relacionados

Back to top button