OpiniónÚltima hora

Incendios en Chandrexa de Queixa

Texto de opinión de Rubén Fernández, de Xuntos por Chandrexa

 

Levamos 3 días co lume enriba e os medios dispoñibles parecen non ser sufientes, xa que cando parece que comezan a controlalo por un lado, teñen que ir a outro e volve reavivarse o incendio, isto é comprensible porque está a arder todo o Macizo Central, pero a falta de medios e de previsión é evidente.

As declaracións do director xeral de Montes parécennos impresentábles, xa que decir que sabían que ía arder o Macizo Central e que arda, implica canto menos deixadez de funcións. En Chandrexa arde dende a Queixeliña ata as Taboazas e xa levan ardidas 500ha, elementos ambientais importantes como bosques de acivro están sendo afectados, ademais do que é a base territorial do noso modo de vida: a actividade agrogandeira.

A estas alturas os brigadistas teñen que estar xa exhaustos debido á cantidade de horas que levan traballando, incluso sen ter víveres para retomar forzas durante longas horas.

A situación é moi semellante á do 2017, coa salvedade de que non arde en grandes poboacións, senón que arde onde parece que non ten tanta importancia, pero temos que tentar mudar esta percepción.

 

Superficie queimada polo lume en Chandrexa de Queixa.

 

Está claro que aquelas medidas estrela que o presidente da Xunta dixo que ía aplicar nese ano fatídico para os lumes, seguen sen ser efectivas. Dende Xuntos por Chandrexa pensamos que se o montante económico anual destinado á extinción de incendios se destinase a políticas reais de aproveitamento dos montes e fomento da actividade agrogandeira, a situación do rural e a situación dos lumes sería outra.

Para rematar, esperamos que se permita o pastoreo nos montes ardidos e non se sancione o pastoreo da serra, xa que esa criminalización dos gandeiros neste caso non aplica en absoluto.

Texto e fotos: Rubén Fernández, Xuntos por Chandrexa.

Artigos relacionados

Back to top button