En portadaÚltima hora

Incendios forestais en Manzaneda e en Vilarmeao (Viana)

Ata cinco lumes se rexistraban a pasada noite no caso de Manzaneda, segundo Medio Rural

Fonte da foto: Incendios Galicia.

 

Os lumes volven á parte oriental da provincia de Ourense. Segundo informa a Consellería do Medio Rural, está estabilizado un incendio no concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Raigada. Orixinouse ás 22:13 h. da pasada noite e quedou estabilizado ás 4:51 h. da madrugada. Segundo as primeiras estimacións, rolda as 20 hectáreas de superficie. No lugar lévanse mobilizado 1 técnico, 3 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

No mesmo municipio de Manzaneda, rexistráronse outros catro lumes esta noite, a horas nas que os medios aéreos xa non podían actuar. Un deles orixinouse tamén na parroquia de Raigada, dous iniciáronse en San Miguel de Bidueira e outro en Cernado, pero ningún deles superou as 20 hectáreas”, informa Medio Rural.

 Vilarmeao (Viana do Bolo)

Por outra banda, permanece estabilizado dende as 04:59 h. da madrugada o lume rexistrado ás 22:41 h. da noite na parroquia de Vilarmeao, no municipio ourensán de Viana do Bolo. Segundo as últimas estimacións, afecta unhas 40 hectáreas.

Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o control deste lume lévanse mobilizado 4 axentes, 9 brigadas, 8 motobombas e 2 pas, tal e como informa Medio Rural.

 

Artigos relacionados

Back to top button