En portadaÚltima hora

Incendios forestais en San Xoán de Río e Castiñeira (Vilariño de Conso)

No caso de Río afectaba a unha superficie dunhas 110 has, mentres que o outro queimaba unhas 40 has, segundo Medio Rural

 

Dous lumes forestais iniciábanse na noite do 28 de febreiro na parte oriental da provincia. O primeiro deles declarábase ás 20:10 h. na estrada de Sanfitoiro a Arboiro. Afectou, segundo estimacións provisionais “pendentes de medición, unha superficie dunhas 80 ha. Na súa extinción interviñeron 2 axentes, 5 brigadas e 2 motobombas. Quedaba extinguido arredor das sete desta mañá”, segundo informaba a Consellería do Medio Rural ás 9:14h. deste sábado.

Ás 11h. procedíase dende o Concello de San Xoán de Río a inspeccionar as hectáreas queimadas e danos ocasionados. “Dende Medio Rural falan de 80-90 hectáreas calcinadas, máis nos que estivemos alí cremos que son bastantes máis. Ardeu nun triángulo imaxinario, entre Sanfitoiro, Cambela e o Alto da Moá”, sinala o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua.

Ás 13:30h. a Consellería do Medio Rural emitía unha nota de prensa na que se indicaba que “novas estimacións da superficie afectada polo lume, xa extinguido, de San Xoán de Río, sitúano nunhas 110 ha de monte raso”.
Castiñeira (Vilariño de Conso)

Ademais, ás 21:14 h de onte comezaba outro incendio forestal na parroquia de Castiñeira (Vilariño de Conso), que estaba controlado dende ás 3h. desta madrugada e extinguíase ás 10:25 h. “Afectou, segundo as últimas medicións, unha superficie de 40 hectáreas, todas elas de monte raso. Na súa extinción traballaron 4 axentes, 3 brigadas e 1 motobomba”, segundo Medio Rural.

Na galería de fotos imaxes do incendio en San Xoán de Río, fotos cedidas.

 

Labores de extinción no incendio en San Xoán de Río./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button