En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Incendios forestais na Gudiña, Quiroga, Chandrexa e Riós

O lume de Barxa (A Gudiña) leva queimadas unhas 440 hectáreas

 

A Consellería do Medio Rural desactivou a “Situación 2” no incendio rexistrado onte, 13 de setembro, ás 19:07 h. no municipio ourensán da Gudiña, parroquia de Barxa, logo de decretala por proximidade do lume ao núcleo do Seixo.

Este incendio, que comezou en Portugal, continúa arestora activo e segundo as últimas estimacións afecta unhas 440 hectáreas. “Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 24 brigadas, 14 motobombas, 4 pas, 4 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME)”, segundo a consellería.

Incendios tamén en Chandrexa de Queixa, Quiroga e Riós

O incendio forestal na zona de Quiroga.

 

Na provincia hai máis incendios forestais activos. Así arredor das dúas desta madrugada producíase un lume en Chandrexa de Queixa, ás 1:11 h., comezaba un incendio na, parroquia de Casteloais (Chandrexa de Queixa), que permanece está estabilizado dende arredor das tres da tarde. Segundo as primeiras estimacións, afecta unhas 20 hectáreas de superficie. No seu control levan traballado 2 axentes, 3 brigadas e 5 motobombas.

Por outra banda, no municipio de Quiroga rexístranse outros dous lumes forestais. Un deles localízase na parroquia do Hospital e permanece activo logo de comezar ás 20:40 h. da tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 110 hectáreas. No seu control levan participado 1 técnico, 4 axentes, 18 brigadas, 9 motobombas e 3 pas.

Ademais está estabilizado outro lume no concello de Quiroga, esta vez na parroquia da Enciñeira, logo de comezar ás 1:40 h. desta madrugada. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 45 hectáreas. No seu control mobilizáronse 5 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.

 

Un dos  lumes de Quiroga visto dende Rúa.

 

Ás 00,36 h. desta madrugada comezaba un lume no concello ourensán de Riós, parroquia do Navallo, que permanece activo arestora. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas. Nos traballos de control levan participado 7 axentes, 12 brigadas e 6 motobombas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close