CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Inchábeis e música para despedir o curso no CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín

 

Chega o verán e os centros escolares van despedindo o curso escolar 2021/2022. Un ano complexo no que día a día se foi recuperando a normalidade tralo paso da pandemia.

No caso do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras, o fin de curso chegaba en forma de festa e da man da ANPA, con inchábeis e moita música no patio. Así, na mañá deste mércores 22 de xuño, os cativos desfrutaron brincando, xogando e bailando.

Inicialmente a celebración incluía unha festa da escuma pero daba a baixada de temperaturas finalmente prescindían dela. O que non faltaron foron as piñatas como broche á xornada, lúdica e festiva.

 

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button