ConcellosQuirogaÚltima hora

Inchábeis e pista de patinaxe para comezar o ano en Quiroga cun rigoroso protocolo anti covid

Estarán instalados no pavillón municipal do 2 ao 4 de xaneiro de 2021

 

Os días 2, 3 e 4 de xaneiro o pavillón municipal de Quiroga contará con inchábeis e pista de patinaxe para as que se deberá cumprir un rigoroso protocolo anti covid.

Para poder participar nesta actividade gratuíta é preciso inscribirse previamente na Casa de Cultura a través do número de teléfono 982 435 125, xa que non se poderá acceder ao recinto sen cita previa. A entrada será de grupos de 25 persoas cunha duración dunha hora. Cada neno irá acompañado dun adulto que poderá permanecer nas gradas, agás no caso dos máis pequenos que se permitirá acompañalos ata os inchables, onde serán atendidos por persoal da empresa de ocio.

Antes de entrar no recinto tanto a nenos como adultos tomaráselles a temperatura corporal e asinarán unha declaración responsable de non ter síntomas de Covid, facilitando o seu nome e tfno de contacto. Dentro do recinto, que estará dividido en zonas e grupos por idades, é obrigatorio o uso de máscara e calzas desbotables, estas últimas facilitaranse na entrada. Ademais haberá varios puntos con xel hidroalcólico para a hixiene das mans.

Todas as atraccións inchables desinfectaranse despois de cada xornada, cunha solución xabonosa especial e unha solución clorhídrica asegurando a súa total desinfección.

 

Artigos relacionados

Back to top button